19/3/10

21 DE MARZO "DÍA MUNDIAL DA POESÍA"

Na súa 30ª reunión en Paris no ano 1999, acordou proclamar o día 21 de Marzo coma "DÍA MUNDIAL DA POESÍA".  Se premes na imáxe accederás á acta do acordo e os motivos que a levaron a esa decisión.


dia_mundial_poesia.JPG

RECITADO DUN POEMA DE AMADO NERVO:

POEMA EN PAZ









16/3/10

Para acceder a toda a prensa...

Neste Kiosko virtual poderás acceder a toda a prensa nacional e internacional:




kiosco_virtual.JPG

Un portal de moita axuda: TRAVESÍA

Nesta web atópase todo tipo de lexislación relacionada coas bibliotecas, tamén hai documentos institucionais, publicacións e proporciona acceso libre e aberto a documentos en formato texto ou ben audiovisual:


travesia.JPG

Guía de Lectura do CEIP "Isaac Peral" de Ferrol:

A biblioteca do CEIP "Isaac Peral" permite acceder a unha completa guía de lectura tanto por idades como por temáticas concretas:


guias_lectura.JPG

13/3/10

12 de Marzo de 2010- Morre o escritor MIGUEL DELIBES

miguel_delibes.jpg


Hoxe despertamos coa nova de que o escritor e Premio Cervantes 1994 Miguel Delibes finaba na súa casa de Valladolid á idade de 89 anos. Era o derradeiro referente das letras casteláns do século XX.


Gran coñecedor da fauna e flora da súa contorna xeográfica, apaixonado da caza e do mundo rural, soubo plasmar nas súas obras todo o relativo a Castela e á caza desde a perspectiva dunha persoa urbana pero que non perdera o contacto con ese mundo.


Trátase por tanto dunha das grandes figuras da literatura española posterior á Guerra Civil, polo cal foi recoñecido con multitude de galardóns, pero a súa influencia vai aínda máis aló, xa que varias das súas obras foron adaptadas ao teatro ou se levaron ao cine, sendo premiadas en certames coma o Festival de Cannes.


                    (Para acceder á súa Biografía preme na imáxe)

--------



1/3/10

8 de Marzo Día da Muller Traballadora:

O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora ou tamén Día Internacional da Muller. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade, co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Para ver actividades que se poden levar adiante ese día, nesta páxina hai moitas posibilidades:


 8_marzo.JPG