30/4/12

Día do Libro no noso centro:

Hai xa 80 anos que se celebra o Día do Libro e dos dereitos de autor. O noso colexio coma tódolos anos festexa este día con diferentes actividades. A continuación aparece o programa de actividades que se desenvolveu arredor da data do 23 de Abril
SEMANA DO 16-20 de ABRIL:
* Recollida de libros que aportan os nenos e nenas para a exposición.
LUNS 23 DE ABRIL.:
* Celebración da Feira do Libro: Con préstamo de libros aportados polos alumnos e tamén con fondos do centro.
* Actividades:
- Exposición dos libros traídos polos alumnos.
- Intercambio de libros.
- Lectura do libro elexido nun recuncho do centro non habitual e con acompañamento de música clásica.
- Os alumnos plasman en imaxes a lectura realizada.
SEMANA DO 23 ao 27 de ABRIL:
- Exposición de debuxos.
- Elaboración dun libro con tódalas ilustracións realizadas que formará parte dos fondos da biblioteca do centro.