23/12/13

Nadal 2013

Coma todos os anos o festival de Nadal ten moi boa acollida na nosa comunidade escolar. Grupos de nenos de Primaria prepararon obras de teatro. Aquí vemos aos nenos e nenas de Segundo de Primaria  representando "A árbore de Nadal",  coa mensaxe clara de defensa das árbores e do medio ambiente.

Outros nenos recitaron ou cantaron Panxoliñas.

21/11/13

SEMANA DA MÚSICA


Do luns 18 ao venres 22 de Novembro celebrouse no colexio a "Semana da Música"
Realizáronse diferentes actividades que remataron nunha exposición de instrumentos feitos polos nenos coa axuda das súas familias
e tamén coa actuación da Banda Municipal e do grupo Folk "No Cómbaro"












Tamén tivemos a actuación do grupo "OS MUSICREQUES" que representaron "O CREBANOCES"

13/11/13

CENTENARIO DE ALBERT CAMUS



Albert Camus, nado en Deraan (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés, un dos principais membros (con Jean-Paul Sartre) do existencialismo. Toda a súa obra orixinal está escrita en francés, hoxendía hai obras súas traducidas  a moitos idiomas entre eles ao galego.


ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES SON:
·  O estranxeiro, 1942. Tradución ao galego de Valentín Arias López (1990).
·  Caligula, 1944.
·  Le Malentendu, 1944.
·  La Peste, 1947.
·  L'État de siège, 1948.
·  Lettres à un ami allemand, 1948.
·  Os xustos (Les Justes), 1950. 

No ano 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

11/11/13

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS: O MEDO

Con motivo da festa do Samaín, o equipo docente do centro decidíu traballar unha das emocións que máis "atrae" aos nenos: O MEDO.
Pasáronse suxerencias de decoración dos espazos, fíxose unha mostra de libros de medo e terror e os nenos debuxaron nun papel os seus medos que despois foron depositados no "COMEMEDOS".



Os máis pequenos viron a proxección do conto: "A BRUXA REGAÑADENTES"

9/11/13

UN ESPAZO PARA OS MÁIS PEQUENOS...

Unha vez que se pintou e se acomodaron de novo os móbeis, preparouse unha zona onde o alumnado de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Primaria pode facer uso da Biblioteca nun entorno cómodo e agradable. Aquí temos unhas imaxes de cómo quedou e tamén dos nenos disfrutando coa lectura.







No curso 2012-2013 fíxose un traballo de espurgo, nova codificación dos libros e iniciouse a informatización da Biblioteca que xa vai avanzando.
No aspecto físico tamén tivo cambios xa que se pintou e se lle engadíu un espazo para os máis pequenos.

Os obxectivos para este curso son os seguíntes:


·        Dinamizar os fondos da biblioteca do centro.

·        Desenvolver a imaxinación e a creatividade a través dos recursos que ofrece a biblioteca.

·        Dar responsabilidades aos alumnos e alumnas na xestión da biblioteca escolar.

·        Aprender a buscar, organizar e aplicar a información dispoñible.

·        Informatizar  a xestión  da Biblioteca utilizando o Proxecto Meiga.

·        Dotar a biblioteca de recursos TICs.

·        Dotar de carné bibliotecario aos alumnos/as e mestras.

29/4/13

DÍA DO LIBRO 2013

Os máis pequenos fixeron unha actividade arredor duns contos ben coñecidos por eles onde dispoñían dunhas tarxetas cos personaxes dos contos e na hora do recreo tiñan que xuntarse con outros nenos, que podían ser doutras clases, e que tiñan os personaxes do conto. A actividade tiña por nome: "Cada ovella coa súa parella"

Despois, na Biblioteca, tiñan que meter cada personaxe na caixa do conto que lle correspondía.


O alumnado de primaria dispoñía de pistas escritas que tiña que ir consultando cos compañeiros para dan cun determinado personaxe ou título de libro.